Crise da monarquía e Guerra da Independencia en España
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 11,76 KB
Crise da monarquía e Guerra da Independencia
A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución Francesa foi declararlle a guerra a Francia. A guerra foi un fracaso e, a partir de 1799, Godoy deulle un xiro radical á política exterior. Aliouse con Napoleón para enfrontarse a Gran Bretaña e permitiulles cruzar España para atacar Portugal. A poboación estaba descontenta con esas decisións e estalou o Motín de Aranjuez, que forzou a dimisión do ministro e a abdicación do rei a Fernando VII. Porén, Napoleón decidiu nomear o seu irmán, Xosé Bonaparte, como novo rei de España.
Guerra da Independencia (1808-1814)
O pobo de Madrid, en 1808, levantouse contra as tropas francesas. O seu exemplo foi seguido en moitos lugares. Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, guerrillas, e a resistencia das cidades provocou un desgaste no exército francés. En 1812, Napoleón viuse obrigado a desprazar algunhas tropas a Rusia e, xunto coa axuda de Gran Bretaña, tivo que abandonar o territorio español. Asinouse o Tratado de Valençay e Fernando VII recuperou a coroa.
Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812
Cádiz non foi ocupada polos franceses. Como non se aceptaba o rei imposto (Xosé I), convocáronse Cortes nas cales cada representante tiña o mesmo poder de voto. Aprobouse unha Constitución baseada nos principios básicos do liberalismo: división de poderes, sufraxio universal, declaración de dereitos, soberanía nacional. Tamén se aprobaron algunhas leis co fin de abolir o Antigo Réxime, pero isto non se puido aplicar debido aos antigos privilexiados, que querían manter a situación anterior.
Restauración do absolutismo con Fernando VII
Fernando VII volveu a España en 1814 e promoveu un golpe de Estado co fin de clausurar as Cortes e anular a Constitución. Nos meses seguintes producíronse restauracións cara ao Antigo Réxime. Co apoio de numerosos liberais, producíronse pronunciamentos, pero a maioría foron reprimidos.
O Trienio Liberal (1820-1823)
En 1820, o pronunciamento do coronel Riego triunfou, e o rei viuse obrigado a acatar a Constitución e convocar eleccións. As novas Cortes restauraron algunhas das reformas de Cádiz, e creouse a Milicia Nacional para defender a orde liberal. Fernando VII, descontento con este proceso, pediu axuda á Santa Alianza, que lle encargou a Francia intervir en España cos chamados Cen Mil Fillos de San Luís. Fernando VII repuxo a coroa.
Quebra do absolutismo e conflito dinástico
A volta ao absolutismo provocou unha gran represión contra os liberais e a destrución da obra lexislativa do Trienio. Había grandes problemas, como a situación económica debido á guerra contra os franceses e á independencia das colonias americanas. Era imprescindible unha reforma fiscal que obrigase os privilexiados a pagar impostos, pero estes eran os principais defensores do absolutismo e o rei non podía atacar os seus intereses. En segundo lugar, produciuse un conflito dinástico, xa que Fernando só tiña fillas e estas non podían gobernar. Para garantirlle o trono, derrogou esta lei, pero moitos absolutistas non querían este cambio e pedían que gobernase o seu irmán, Carlos. A finais do reinado de Fernando VII fíxose evidente a necesidade de reformas.
A Guerra da Independencia en Galicia
En 1809, o exército napoleónico e as tropas aliadas inglesas desembarcaron en Galicia e tiveron unha guerra que acabaron gañando os franceses. O pobo galego mobilizouse contra o invasor formando guerrillas que obrigaron os franceses a atrincheirarse nas cidades (abade Couto, Francisco Carrasco, Cachamuiña, crego Pizpeiro). Nesta época xurdiu o liberalismo, que provocou un enfrontamento entre liberais e absolutistas, aínda que dominaba claramente a idea absolutista.
Enfrontamentos no reinado de Fernando VII
Co regreso de Fernando VII, o enfrontamento entre liberais e absolutistas seguiu provocando algúns pronunciamentos liberais. Os sublevados formaron un exército de campesiños, pero foron derrotados. Restableceuse a Constitución e o conde de San Román máis o bispo de Ourense tentaron defender o rei absoluto, pero sen éxito. Ao longo do Trienio Constitucional formáronse guerrillas durante o fortalecemento do Antigo Réxime, sendo Galicia un sólido piar do absolutismo.
Causas da independencia das colonias americanas
As causas da independencia das colonias americanas foron:
- Difusión das ideas ilustradas e dos principios de liberdade e igualdade.
- Éxito das revoltas das colonias británicas (independencia de EEUU).
- Descontento da burguesía crioula, que vía como España era un freo para a súa economía, xa que obstaculizaba o comercio.
Fin do Imperio Americano
Co estalido da Guerra da Independencia xurdiron Xuntas que non querían como monarca a Bonaparte, e pretenderon actuar á marxe de España negándose a aceptar a autoridade da Xunta Central Suprema. En 1816 completouse a independencia despois dun período de control de España: Chile (xeneral San Martín); no norte formouse a Gran Colombia (Simón Bolívar), actuais Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá; en México (Iturbide), que foi seguida de América Central; e Perú e Bolivia (José de Sucre). España só mantivo Cuba, Filipinas e Porto Rico.
Problemas das novas repúblicas americanas
América fragmentouse en repúblicas cun gran poder para o xefe militar, esquecendo as necesidades da poboación indíxena, negra e das clases populares, nacendo unha sociedade con grandes desigualdades sociais e económicas.
A Primeira Guerra Carlista (1833-1840)
Isabel, tras a morte do seu pai, tiña só 3 anos. Os sectores máis absolutistas querían o reinado do irmán do pai. A súa nai, buscou o apoio dos liberais, formándose unha guerra civil. Os defensores do carlismo eran, ao mesmo tempo, defensores do Antigo Réxime e, pola contra, os isabelinos tiñan unha mestura de monarquía absoluta e liberalismo. Eran os burgueses, as clases populares e o campesiñado. A guerra estendeuse durante 7 anos coa vitoria dos isabelinos, grazas ao Convenio de Vergara, aínda que os carlistas non desapareceron.
Reformas progresistas durante a rexencia de María Cristina
Os liberais dividíronse en moderados (partidarios de reformas máis moderadas) e progresistas (reformas máis pronunciadas). María Cristina intentou facer un goberno liberal cos moderados, pero finalmente fíxoo cos progresistas. Os progresistas (Mendizábal) implantaron leis desamortizando as terras do clero, culminando este proceso coa Constitución, que inaugurou o longo período de monarquía parlamentaria, recoñecendo a soberanía nacional, os dereitos individuais, o sistema electoral censatario, aínda que lle concedía algún poder á Coroa.
A Rexencia de Espartero (1840-1843)
En 1837, os moderados accederon ao poder e intentaron darlle un xiro conservador ao proceso de revolución liberal. Este movemento alzouse contra a rexente, que tivo que dimitir. O xeneral Espartero foi nomeado rexente, pero, trala oposición do pobo, dimitiu, e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel para que puidese ser raíña.
Década Moderada (1844-1854)
Durante o reinado de Isabel II, o Partido Liberal Moderado estivo no poder co apoio da monarquía. Nesta etapa consolidouse o liberalismo en España, pero cun carácter conservador e centralista. Impúxose o sufraxio censatario, o exército tivo unha enorme influencia e a administración do Estado configurouse de forma centralista e autoritaria. O novo réxime apoiábase nos grupos poderosos, xa que estes querían manter fóra o carlismo para seguir cos seus poderes. Nos 10 primeiros anos promulgouse a Constitución de 1845, con soberanía compartida entre Cortes e rei e sufraxio restrinxido. Asinouse un Concordato coa Santa Sé que configuraba un Estado confesional. A administración estatal e municipal foron modificadas, fixéronse reformas na Facenda, elaborouse un Código Penal e creouse a Garda Civil.
Crise do sistema isabelino
En 1854 triunfou o pronunciamento militar, fundando a Unión Liberal. Estes intentaron restaurar os principios do pasado réxime constitucional. Na última etapa do reinado de Isabel, produciuse a Guerra de África. Tamén xurdiron novos grupos políticos, como os demócratas ou os republicanos.
A Revolución de 1868 e a Primeira República
Houbo unha grande crise económica que provocou que os sublevados se unisen (Pacto de Ostende). O movemento estaba encabezado polos militares Prim e Serrano, coa sublevación de Topete en Cádiz. Formouse un goberno provisional que recoñeceu os dereitos fundamentais. Finalmente elixíronse novas Cortes que aprobaron a Constitución de 1869.
A Monarquía Democrática de Amadeo I (1871-1873)
Amadeo de Savoia foi proclamado monarca, aínda que non contaba co apoio do pobo e, finalmente, acabou renunciando despois da insurrección en Cuba e a nova guerra carlista.
A Primeira República Española (1873-1874)
A República naceu con poucas posibilidades de éxito (non contaba co apoio da Cámara), a pesar de programar reformas sociais, pretendendo crear un Estado federal. Ademais, tivo que enfrontarse a varios problemas (Cuba, carlistas, levantamentos) e, finalmente, un golpe de Estado deulle o poder a Serrano, que só tivo a opción de regresar á monarquía.
Restauración borbónica e o sistema canovista
Afonso de Borbón (fillo de Isabel II) foi proclamado rei. O sistema canovista (Cánovas del Castillo) tiña un carácter conservador e estaba baseado nun sistema parlamentario liberal, pero escasamente democrático. Existían dous grandes partidos: o Conservador (Cánovas), partidario do inmobilismo político, da defensa da Igrexa e da orde social; e o Partido Liberal (Sagasta), reformista de carácter democrático, laico e social. Eran partidos de notables e coincidían ideoloxicamente no esencial. Elaborouse unha Constitución (1876) que contribuíu á pacificación. Estes partidos alternábanse no poder, debido á corrupción e a que chegar ao goberno non tiña nada que ver con gañar as eleccións, xa que o partido escollido polo rei formaba o goberno.
Nacionalismos periféricos
- Cataluña: Movemento reivindicativo da lingua e cultura catalá e xurdimento de organizacións políticas que demandaban a autonomía.
- País Vasco: Abolíronse os foros, provocando a creación do Partido Nacionalista Vasco (PNV).
- Galicia: O galeguismo foi un movemento cultural con poucas repercusións políticas.
A crise do 98
A crise do 98 foi debida á insurrección en Cuba e á incapacidade para facer reformas. EEUU apoiaba a Cuba e declaroulle a guerra a España tras o afundimento dun barco. España foi derrotada, perdendo Cuba, Porto Rico e Filipinas. A derrota provocou unha sensación de pesimismo e xurdiron movementos rexeneracionistas.
Glosario
- Notables: Persoa poderosa economicamente e socialmente.
- Caciquismo: Influencia política e económica que exercen determinados individuos sobre a sociedade rural.
- Sufraxio censatario: Dereito ao voto limitado unicamente ás persoas con grandes fortunas e ingresos.
- Rexente: Persoa designada para exercer os poderes reais en caso de non o poder facer o monarca.
- Pronunciamento: Sublevación militar cuxo obxectivo é a consecución do poder ou exercer presión para cambiar a situación política.
- Xuntas: Órgano de poder xurdido por iniciativa popular co fin de organizar a resistencia armada, exercer o poder e non aceptar as ordes do monarca.