O Coñecemento e a Razón na Filosofía: Gnoseoloxía e Epistemoloxía

Enviado por isafb1805 y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,62 KB

O Coñecemento e a Razón na Filosofía: Gnoseoloxía e Epistemoloxía

Todo o mundo sentou nalgunha ocasión a necesidade de saber algo, xa fora por curiosidade ou necesidade. O desexo de saber está presente na orixe etimolóxica da palabra filosofía ou desexo de coñecemento. A tendencia a buscar o coñecemento está na natureza humana: precisamos coñecer. O ser humano está dotado de curiosidade.

¿En que Consiste o Coñecemento?

Coñecer é unha acción ou actividade na que están implicados suxeito (todo aquel que coñece) e obxecto (todo aquilo que se quere coñecer). Coñecer significa que o suxeito se apropia intelectualmente do obxecto. Non é unha apropiación física ou material, senón unha apropiación mental (aprehensión). A apropiación do obxecto non se pode realizar sen conceptos ou palabras (linguaxe).

Gnoseoloxía e Epistemoloxía

Dous termos moi empregados no estudo do coñecemento: Gnoseoloxía:

"gnosis" coñecemento e "logos" estudo. Rama da filosofía que se ocupa do coñecer. Equivale a teoria do coñecemento. //Epistemoloxía: "episteme" coñecemento demostrado. Termo usado para referirse ao estudo dun tipo concreto de coñecemento Ex filosofía da ciencia. // Moitos pensadores comtemporáneos consideran ambas como sinónimos, porque se refiren á investigación sobre a orixe, os fundamentos e o alcance das facultades do coñecemento que poseen os seres humanos.

No VI aC, Parménides distinguiu entre coñecemento sensible (dos sentidos) e coñecemento racional (da razón). A realidade móstrase aos sentidos doutra maneira: Como unha gran diversidade de seres distintos (o múltiple) e individuos (o particular)// Como cambiante (ningunha causa permanece idéntica indefinidamente)//Os sentidos captan o aspecto exterior. Sen embargo, non di nada acerca do que é.

A razón proporciona unha visión da realidade diferente aos sentidos. Caract: un e universal: unifica os datos múltiples e plurais dos sentidos, xerando conceptos. Cada concepto é universal (serve para todos os exemplares con determinadas características)// Inmutable: os conceptos permanecen inmutables. Mantén a representación mental abstracta. Abstración: proceso polo cal a razón seleciona as características e cualidades comúns a tódolos individuos dun mesmo tipo. // Esencial: a razón informa do que verdadeiramente é o obxecto do noso coñecemento. A esencia dá resposta á pregunta ¿Que é iso?

Aristóteles definiu ao ser humano como animal racional. É dicir, son animais dotados de razón. A palabra grega que usa para referirse á razón é "logos" (tamen palabra ou linguaxe). A capacidade racional dos seres humanos está unida á capacidade para usar a linguaxe. Os demais animais comunícanse, dispoñen de sinais, pero non son capaces de elaborar unha linguazxe simbólica e articulada. Ter linguaxe permite: Manter unha relación intensa cos demais e dialogar// Elaborar procesos de razoamento persoais.


A razón é a capacidade para usar a linguaxe nos distintos ambitos, e é o que fai diferentes aos humanos. Grazas á capacidade unificadora, pode pensar e non soamente sentir ou percibir. A razón non pode separarse da linguaxe. De feito, salvo en situacións moi especiais, non é posible pensar sen palabras. Platón: "o pensamento é o diálogo silencioso da alma consigo mesma" Ao pensar, establécese un diálogo cun mesmo, sen verbalizarse.

As persoas son capaces de coñecer moitas cousas pero os coñecementos non son do mesmo tipo. Podemos diferenciar tres tipos: Información en forma de datos. É o coñecementos mais elemental, só se refire a cuestión concretas e particulares. Son coñecementos que carecen de conexión entre si, están na memoria como datos soltos. // Ciencia. É un coñecemento abstrato e ordenado. Caract: toma a forma dun sistema (conxunto estruturado de elementos interrelacionados entre si) e dispón dun método propio, riguroso e adecuado á realidade que pretende investigar. Cada método científico consta dunha serie de procedementos e ferramentas, e serve para un determinado campo de estudo. //Sabedoría. É o grado máis elevado do coñecemento. Alcanzala consiste en usar a información de datos e a ciencia para vivir dunha maneira plenamente humana en tódolos terreos da vida. Aristóteles sostivo que o verdadeiro sabio é o que se esforza en adquirir a prudencia (elexir a opción máis conveniente tendo en conta a vida en conxunto). Para ser feliz, non basta con alcanzar a sabedoría, tamén se necesita boa sorte.

Os seres humanos só teñen unha razón pero poden usala de maneira diferentes. Así, se diferenza entre: Uso teórico. Obxect: coñecer a realidade tal e como é. Caract: a súa aspiración é chegar ao coñecemento da verdade sobre feitos demostrables. Proporciona coñecementos de feitos expresados mediante enunciados verdadeiros. //Uso práctico. Obx orientar as accións, determinando cal é a mellor opción. Caract: Tipos de accións: Técnicas: a razón decide a mellor maneira de alcanzar o fin proposto. Fai referencia comunmente a "saber como" / Morais: a razón indica se a acción que se vai realizar é boa ou mala, según criterios previamente adquiridos./ Orienta ao individuo no uso da liberdade, para non apartalo do camiño hacia a sabedoría e, a felicidade persoal e colectiva.

Moitos filósofos pensaron que a razón pode resolver tódolos problemas e dificultades que plantexa a vida. Para René Descartes, o coñecemento que proporciona a  razón, en forma de concepto, caracterízase por ser organizado, perfecto e certo. Descartes, fundador do racionalismo, esixiu ás súas concepcións filosóficas o mesmo rigor que teñen as demostración matemáticas. Estas producen certeza (seguridade absoluta sobre o demostrado). Pensaba que apoiarse na razón para afrontar dificultades da filosofía proporcionaría a certeza de alcanzar coñecementos verdadeiros.

Algúns filósofos sostiveron que a razón presenta certos límites. No XVIII, David Hume sinalou que só é posible coñecer o que se percibiu mediante os sentidos e que a razón está limitada pola experiencia sensible. Pertence ao empirismo (a partir da "empiria", experiencia, pódese obter coñecemento en sentido estricto). No XX, José Ortega y Gasset afirmou que a razón é unha realidade viva. Idea dunha razón vital: a vida é a realidade máis radical das persoas, e é histórica (os humanos existen temporalemente). Apel e Habermas sosteñen que a razón é unha facultade que se pode exercer coas demais (racionalidade dialóxica). No diálogo argumentativo a razón mostra o seu verdadeiro potencial. A historia demostrou que a razón é un instrumento ambivalente. Para evitar inhumanidade, inxustiza e crueldade é importante que a razón permaneza desperta, e que os seres humanos se fagan responsables do seu uso.

Pirrón de Elis, fundaddor do escepticismo antigo ("sképtomai" examinar atentamente) - IV-III aC. Os antigos escépticos eran cautelosos, analizaba e examinaban en profundidade cada cuestión antes de pronunciarse. Pensaban que o coñecemento propio non é verdadeiro, pois a razón humana non pode alcanzar a verdade. "Suspensión do xuízo" (non tomar partido na disputa). Se ningunha afirmación é verdadeira, existe unha afirmación verdadeira: a afirmación de que "ningunha afirmación é verdadeira", co que se afirma unha cousa e a contraria simultaneamente.

É posible coñecer verdades, pero estas son relativas ao marco de referencia no que se encadren. Tipos de relativismo: Subxectivismo. Cada individuo ten o seu punto de vista sobre calquera asunto, cada un ten a "súa" verdade // Historicismo. A verdade para o historicismo é un produto histórico. As personas que viven en cada época consideran verdadeiras certas afirmación que en outros tempos serían falsas // Relativismo cultural. Defende que o que os individuos consideran verdadeiro ou falso é relativo á cultura na que viven.

Moitos filósofos  defenderon que a verdade existe e podemos conocela.  Dogmatismo. Corrente filosófica oposta ao escepticismo, que confía na capacidade das facultades humanas para coñecer (razón, especialmente). - D. inxenuo, que é a actitude de quen afirma que coñecemos a realidade tal e como é/ -D. fanático, que non aporta razóns nin argumentos, pero protéxese ante toda a crítica e afirma a "súa" verdade. Ex relixiosos, politicos,... Criticismo. Posición intermedia entre escepticismo e dogmatismo. Afirma que é posible alcanzar a verdade mediante unha crítica. - C. de Kant. Proón unha crítica das facultades de coñecemento para averiguar ata onde permiten coñecer. / C. do XX-  Popper e Albert. O racionalismo crítico sostén que non se pode alcanzar a verdade absoluta, pero si aproximarse.

Verdade como correspondencia - Aristóteles. Se alguén di algo e se pode comprobar que se corresponde coa realidade, entón o enunciado é verdadeiro.


Resumindo: A verdade é unha propiedade que poseen algúns enunciados. Esta consiste en que o enunciado é unha especie de reflexo da realidade no pensamento. A correspondencia pódese entender como adecuación entre enunciado e realidade. Un enunciado pódese entender como un xuízo ou pensamento que non se formula en alto.

A finais dos XIX, William James propuxo: un enunciado é verdadeiro cando é practico e útil para resolver problemas ou satisfacer necesidades. Pragmatismo, corrente filosófica que concede importancia ao valor practico dos coñecementos. O pragmatismo sosten que os enunciados verdadeiros son crenzas útiles das persoas. Se teñen crenzas distintas considerarán verdadeiros enunciados diferentes. A dificultade que presenta: o que é útil e verdadeiro para uns pode se inútil e falso para outros.

O perspectivismo-José Ortega y Gasset, sostén que cada persoa e xeración ten a súa visión da realidade, debido á situación histórica, cultura, educación recibida,... A realidade é como un diamante con varias caras, e cada persoa ou xeración percibe unha perspectiva. A verdade absoluta sería o conxunto de todas as verdades posibles.

No último terzo do XX, Apel e Habermas defenderon que a busca da verdade é unha tarefa cooperativa. Alcanzar a verdade mediante una diálogo argumental, donde demostrarán as afirmacións mediante argumentos e probas. Deben de estar dispostos a deixarse convencer polos mellores argumentos, renunciando aos intereses persoais. A verdade énténdese como o consenso alcanzado tras un proceso de argumentación dialogada, non quere dicir que todo o que se acorde sexa verdadeiro.

Os seres humanos poden coñecer verdades, pero non poden alcanzar verdades absolutas. Aínda así, as tautoloxías poden considerarse verdades absolutas, só que non aumentan o coñecemento. Tautoloxía procede do grego "tautós" e fai referencia a un enunciado que >.

Aíns que se di que as persoas están condenadas a equivocarse, o certo é que os humanos teñen a capacidade de aprender dos seus erros.

Coñec. sensible: múltiple e particular, cambiante, aparente, concreto. Coñec. racional: un e universal: inmutable, esencial, abstrato.

F.Bacon os empiristas sib como formigas (levan os coñecementos hacia o interior); os racionalistas son coma arañas ( sacan as verdades de sí mesmos; a través da razón); un 3º tipo ideal serían como as abellas (captan coñecemtnos para elaborar novos coñecementos; mestura de formiga e araña)

EMPIRISMO. (coñecemento adquirido) método indutivo (do particular ao xeral) e modelo ciencias naturais RACIONALISMO. defendían o innatismo (posuimos ideas innatas) modelo matemática (parten dun axioma) e metodo dedutivo (do xeral ao particular)

Entradas relacionadas: