Compositores do século XIX e XX

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,93 KB

Falla: Danza do Muiñeiro

A presente audición corresponde á obra chamada Danza do Muiñeiro de Manuel de Falla, a cal nace da colaboración do compositor co matrimonio Martínez Sierra.

Manuel de Falla, nado en Cádiz e falecido en Arxentina, foi un compositor nacionalista español considerado un dos músicos máis importantes da primeira metade do século XX en España. Recibiu as primeiras clases de solfexo da man da súa nai (intérprete de piano) e o seu avó. Aos nove anos continuou os estudos cunha profesora de piano, Eloísa Galluzo. Aos quince anos os seus intereses principais eran a literatura e o xornalismo. Foi no ano 1873, tras asistir a un concerto en Cádiz, cando sentiu que a súa vocación definitiva era a música. En canto á súa obra, compuxo pezas escénicas, de cámara e para instrumentos solistas, así como para orquestra, coro e voz.

Contexto histórico de Danza do Muiñeiro

Danza do Muiñeiro encóntrase comprendida entre finais do século XIX e principios do XX. Pertence ao nacionalismo español. Esta etapa caracterizouse polos avances na tecnoloxía, na medicina e na ciencia en xeral; polo fin da escravitude e a liberación da muller. Pero tamén pola crise e polos réximes totalitarios que desencadearon guerras mundiais; o xenocidio e o etnocidio, así como a xeneralización do desemprego e a pobreza. Este período estivo marcado pola Restauración borbónica debido á recuperación do trono por parte de Afonso XII, despois da paréntese do Sexenio Democrático, a cal finalizaría coa proclamación da Segunda República. O golpe de estado levado a cabo polo exército contra este goberno supuxo o comezo da Guerra Civil (1936) que rematará coa ditadura do xeneral Francisco Franco.

Análise de Danza do Muiñeiro

En canto ao xénero desta peza, é profano e instrumental. A obra comeza cun solo de trompa. Tamén se presenta un solo de corno inglés. (...)

Schöemberg: Pierrot Lunaire

A presente audición corresponde á obra chamada Pierrot Lunaire de A. Schöemberg.

Arnold Schöemberg, nado en Viena e falecido nos Ánxeles, foi un compositor, teórico musical e pintor austríaco de orixe xudía, considerado como un dos primeiros compositores en adentrarse na composición atonal e especialmente pola creación da técnica do dodecafonismo, posibilitando o posterior desenvolvemento do serialismo; ademais de ser o fundador da Segunda Escola de Viena. En canto á súa carreira musical, comezou precocemente; aos nove anos xa era violinista e compositor autodidacta. Fortemente influído pola corrente wagneriana e por Brahms, compuxo óperas, así como música vocal, orquestral, de cámara e de piano.

Contexto histórico de Pierrot Lunaire

Pierrot Lunaire encóntrase comprendida no século XX, no posromanticismo, no expresionismo. Esta etapa caracterizouse polos avances na tecnoloxía, na medicina e na ciencia en xeral; polo fin da escravitude e a liberación da muller. Pero tamén pola crise e polos réximes totalitarios que desencadearon guerras mundiais; o xenocidio e o etnocidio, así como a xeneralización do desemprego e a pobreza. O século XX estivo caracterizado polo abandono da tonalidade e a ruptura total das formas e técnicas que se viñan dando dende o Barroco, á par que o auxe dun novo tipo de música totalmente diferente. A partir deste momento a música que se viña tocando dende hai séculos será denominada coloquialmente clásica e a nova será música popular.

Análise de Pierrot Lunaire

En canto ao xénero desta peza, é música de cámara, xa que se empregan sete instrumentos, entre os que están o piano, o clarinete, etc., tocando cinco persoas e unha voz.

O timbre é claramente instrumental, obviando a súa instrumentación de orquestra. O ritmo é libre, afastándose o máis posible dos motivos repetitivos.

Esta peza non posúe nin textura, nin estrutura, nin forma, xa que non hai unha historia melódica.

Emprégase o Sprechstimme da voz no que predominan secuencias cromáticas. O texto é en alemán.

Debussy: La mer

A presente audición corresponde á obra chamada La mer de C. Debussy. A peza non foi moi ben recibida ao principio a causa dunha mala execución de Debussy, máis interesadas.

Claude Debussy, nado e falecido en Francia, foi un compositor francés considerado unha figura central na música europea de finais do século XIX e principios do XX, á par que unha das figuras máis predominantes da música impresionista. Comezou a estudar piano e solfexo, gañando posteriormente numerosos premios. En 1880 Debussy matriculouse na clase de composición. L'enfant prodige proporcionoulle o primeiro premio. A súa obra comprendeu numerosos xéneros: ópera, ballet, música orquestral, coral, vocal, de cámara e solista. Entre as composicións máis importantes destacan: Preludio á sesta dun fauno, La mer e Peleas e Melisande.

Contexto histórico de La mer

La mer encóntrase comprendida entre finais do século XIX e principios do XX. Pertence ao nacionalismo español. Esta etapa caracterizouse polos avances na tecnoloxía, na medicina e na ciencia en xeral; polo fin da escravitude e a liberación da muller. Pero tamén pola crise e polos réximes totalitarios que desencadearon guerras mundiais; o xenocidio e o etnocidio, así como a xeneralización do desemprego e a pobreza. Por outra banda, xurdiu en Francia unha nova tendencia musical, a música impresionista, cuxa intención consiste en expresar as ideas dunha forma sutil, insinuada. A música impresionista caracterízase por: un tempo máis libre, utilización dos modos, incluíndo variacións, e pola experimentación co timbre, converténdose este no factor máis importante desta tendencia. Os compositores máis destacados do impresionismo foron Debussy e Maurice Ravel.

Entradas relacionadas: