Climas de España: Tipos e Factores Determinantes

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,33 KB

Elementos do Clima

Insolación e Nebulosidade

  • Insolación: Cantidade de radiación solar recibida pola superficie terrestre. En España supéranse as 2000 horas ao ano.
  • Nebulosidade: Estado da atmosfera no que o ceo aparece cuberto de nubes.

Temperatura do Aire

É o grao de calor do aire. Mídese en °C e represéntase mediante isotermas. En España, as temperaturas presentan notables diferenzas debido á latitude, á distancia do mar e á altitude. Aspectos importantes:

  • Amplitude térmica anual: Diferenza entre a temperatura do mes máis cálido e do mes máis frío.
  • Xeadas: Prodúcense cando a temperatura baixa de 0 °C. A auga conxélase e deposítase sobre a superficie. Poden ser de irradiación ou advección.

Humidade, Néboa e Calima

  • Humidade: Cantidade de vapor de auga que contén o aire. Depende da proximidade do mar e da temperatura.
  • Néboa: Suspensión de diminutas gotas de auga na capa inferior da atmosfera, limitan a visibilidade. Prodúcese cando o aire arrefría e condénsase.
  • Calima: Bruma seca que reduce a visibilidade. Causada pola presenza de po nas capas baixas da atmosfera. Fórmase na España seca.

Presión e Vento

  • Presión: Depende das características das masas de aire. Na Península, no inverno hai altas presións, no outono e na primavera baixas e no verán altas.
  • Vento: Movementos horizontais do aire en relación coa superficie terrestre. Prodúcense a causa das diferenzas de presión.

Precipitacións

Auga que cae á superficie terrestre provinte das nubes, tanto líquida como sólida. Mídese co pluviómetro en mm, e represéntase mediante isohietas. Pode ser orográfica, convectiva ou de fronte. Inflúenlle diversos factores:

  • Latitude e situación: Determinan o predominio e a sucesión anual de anticiclóns e borrascas.
  • Apertura ao mar: Nas zonas illadas do mar, o frío do inverno favorece os anticiclóns e a calor do verán a condensación do aire.
  • Relevo: As precipitacións aumentan coa altitude.

Evaporación, Evapotranspiración e Aridez

  • Evaporación: Proceso polo cal a auga se transforma en vapor. Crece cando aumenta a temperatura.
  • Evapotranspiración: Perda de humidade da superficie terrestre, debida á insolación e á transpiración das plantas e do solo. Pode ser real ou potencial.
  • Aridez: Insuficiencia da auga no solo e na atmosfera. Depende da relación entre precipitación e temperatura. Para calculala:

Aridez mensual: índice de Gaussen. 2 T °C maior ou igual P.

Aridez anual: Índice de Martonne: P/t máis 10.

Tipos de Clima en España

1. Clima Oceánico

  • Área: Cornixa Cantábrica e Galicia.
  • Precipitacións: Abundantes, regulares e suaves.
    • Total Anual: >800 mm.
    • Distribución: Bastante regular (zona de continua acción de borrascas). Máximo relativo no inverno, mínimo relativo no verán (anticiclón das Azores). Dous meses secos como máximo (Transición ao Mediterráneo Continentalizado).
    • Forma: Choiva fina e suave (favorece a filtración no chan).
  • Temperaturas: Baixa oscilación térmica.
    • Costa: Oscilación térmica baixa (presenza do mar), veráns frescos e invernos moderados.
    • Interior: Oscilación térmica moderada. Invernos fríos.

2. Clima Mediterráneo

  • Área: Territorio peninsular ao sur da zona do c. atlántico, Baleares, Ceuta e Melilla.
  • Precipitacións: Escasas ou moderadas, irregulares e tormentosas.
    • Total Anual: <800 mm (500>x>800 = moderadas / <500 = Escasas).
    • Distribución: Irregular. Veráns secos. Máximos na primavera e outono, salvo na zona do Atlántico (inverno).
    • Forma: Moitas veces violenta e tormentosa, erosionando fortemente as zonas sen vexetación.
  • Temperaturas: Varían coa latitude e a distancia ao mar.

2.1. Clima Mediterráneo Marítimo

  • Área: Costa sudatlántica, mediterránea (non SE), Baleares, Ceuta e Melilla.
  • Precipitacións: Escasas ou Moderadas, 300
  • Temperaturas: Oscilación térmica moderada. Veráns calorosos. Invernos suaves.

2.2. Clima Mediterráneo Continentalizado

  • Área: Interior peninsular (non val do Ebro).
  • Precipitacións: Escasas ou moderadas, 300
  • Temperaturas: Amplitude térmica alta.
    • Submeseta norte: veráns frescos. Invernos fríos.
    • Submeseta sur e bordos do Ebro: veráns calorosos. Invernos fríos.
    • Estremadura e Interior andaluz: veráns moi calorosos. Invernos moderados.

2.3. Clima Mediterráneo Subárido

  • Área: Cabo de Gata – Cabo da Nave e Val do Ebro.
  • Precipitacións: Moi escasas, 150
  • Temperaturas: Varían coa latitude e a distancia ao mar.
    • Costa: Estepa cálida. Invernos suaves.
    • Interior e val do Ebro: Estepa fría. Invernos moderados ou fríos.

3. Clima de Montaña

  • Área: Territorios >1000 m de altitude (+ altitude = + precipitacións, - temperatura).
  • Precipitacións: Moi abundantes, >1000 mm anuais.
  • Temperaturas: Media anual baixa. Invernos moi fríos (a miúdo neve).
    • Montañas da zona Atlántica: veráns frescos. Ningún mes seco.
    • Montañas da zona Mediterránea: veráns máis cálidos. Un/dous meses secos.

4. Clima de Canarias (Subtropical)

A influencia dos alisios e o anticiclón das Azores suavizan as temperaturas. A corrente fría entre as illas e o continente arrefría a auga, estabilizando a temperatura no verán. O relevo diminúe as temperaturas e aumenta as precipitacións e a néboa.

  • Zonas Baixas:
    • Precipitacións: Moi escasas, 150
    • Temperaturas: Cálidas todo o ano. Oscilación térmica moi baixa.
  • Zonas Medias e Altas: + Precipitacións (1000 mm nalgunhas zonas), - Temperatura.

Factores do Clima

Factores Xeográficos

  • Latitude: Determina a existencia de 2 estacións ben marcadas (verán e inverno) e 2 de transición (primavera e outono).
  • Situación: Entre 2 masas de auga de características distintas e entre 2 continentes, converténdoa nun lugar de encrucillada de masas de aire distintas.
  • Influencia do mar: Escasa no interior, debida á anchura, ás costas pouco recortadas e á existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Isto supón diferenza climática entre periferia e interior.
  • Disposición do relevo: Os sistemas montañosos, frean a influencia do mar, só penetra polo Guadalquivir. A disposición Oeste-Leste da maioría do relevo dificulta a entrada de masas de aire do Norte ou Sur. En cambio, favorece aos ventos do oeste pero o carácter macizo fai que perdan humidade. As concas cerradas por montañas reciben escasas precipitacións caen nos sistemas montañosos que a rodean.
  • Altitude do relevo: Diminúe as temperaturas 0.5 ou 0.6 graos por cada 100 m. Tamén provoca precipitacións orográficas, precipitacións ocultas e horizontais.
  • Orientación do relevo: Contrastes climáticos locais, solainas e umbrías.

Factores Termodinámicos

Determinan o tipo de clima e tempo atmosférico.

Circulación en Altura

Corrente en chorro: Dáse na zona temperada en que está España, hai circulación en altura por corrente en chorro ou jet stream. É unha forte corrente de vento, de estrutura tubular, que circula en dirección O-E entre 9 e 11 km. Separa baixas presións sobre o polo de altas presións tropicais.

A corrente en chorro é responsable do tempo en superficie. Depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente e os desprazamentos estacionais.

A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido ten un trazado case zonal, con suaves ondulacións. Cando diminúe, describe profundas ondulacións, dando lugar a cristas (altas presións) e vales (baixas presións), dan lugar aos A e as B.

Desprazamentos estacionais do chorro afectan á península principalmente en inverno. En verán trasládase máis ao N.

Circulación en Superficie

Centros de acción: Áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire, mídese en mb e represéntase con isóbaras. As isóbaras van de 4 en 4 mb.

Os anticiclóns son ventos en sentido destróxiro. Tempo estable.

As borrascas son ventos en sentido levóxiro. Tempo inestable. A orixe dos centros de acción pode ser térmica ou dinámica:

  • Térmica: por quentamento ou arrefriamento do aire.
  • Dinámica: a partir das cristas e vales da corrente en chorro, reflíctense en superficie.

As masas de aire son unha porción de aire cunhas características concretas. España recibe masas de aire frías árticas ou polares e cálidas tropicais. As 3 poden ser marítimas húmidas ou continentais secas.

As frontes separan 2 masas de aire de características distintas. A máis importante en España é a fronte polar, que separa as masas tropical e polar.

Entradas relacionadas: