Cantigas de Sta.Maria

Enviado por Anónimo y clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 29,8 KB


As Cantigas de Santa María<?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" />

<?xml:namespace prefix = v ns = "urn:schemas-microsoft-com:vml" />

 


·  Cantigas narrativas: narran presuntos milagres da Virxe

·  Cantigas de loor: loan as calidades da Virxe en termos moi parecidos en como os poetas loaban as suas damas. O rei presentase a si mesmo como vasalo.

·  Unha serie de cantigas: 2 prólogos en verso e ó final un cantar de saúdo á primavera e unha “Petiçon” final.

 

Agrúpanse de tal xeito que as 9 primeiras son narrativas e a décima de loor.

 

·  Epígrafe ou razón: resume o contido da cantiga cunha estrofa que serve para detallar o que vai ser contado ou mesmo para demandar a atención do público.

·  Refrán: que condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir.

·  Cobras ou estrofas: co refrán ó final de cada unha, que desenvolven con maior ou menor extensión o relato do milagre.

 


·  Un resumo do que narra a cantiga, que se expresa no epígrafe ou razón.

·  Unha breve presentación do protagonista, e algunhas veces do seu contexto (orixe,idade…)

·  Unha formulación do problema.

·  Unha intervención milagreira da Virxe, que resolve o problema ou conflicto e que reposta básicamente á seguinte casuística:

·  Socorre a alguen que está en perigo, cativo ou enfermo.

·  Castiga a delincuentes,pagáns,mouros,xudeus,viciosos e pecadores.

·  Intervén para premiar a fidelidade, a devoción, o rezo e a virtude.

·  Defende algún santuario ou igrexa da súa advocación.

·  Unha lección moralizante final, acompañada polo xeral de agradecementos e loas a Virxe.

 

Presentan unha expresión de devoción a Virxe. Entre os motivos que abordan temos o contraste entre amor mundano e amor divino e o contraste entre Eva (o pecado) e María (a salvación).

 

 

Autoría das cantigas:

 

 

·  A lírica profana galaico-portuguesa

·  A chamada “Escuela de Traductores de Toledo”

·  A prosa histórica e xurídica en castelán

 

·  Na obra interviñeron como máximo seis trobadores distintos. É pois unha obra colectiva.

·  Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra polo rei, precisamente aquelas que narran algún acontecemento autobiográfico seu o aquelas en que están presentes frases do tipo que eu fiz, eu fige ou que fiz.

·  O artífice da mayor parte dos textos foi o clérico e trobador compostelá Airas Nunes.

 

Fontes e motivacións:

O equipo dirixido polo rei valeuse de fontes moi diversas, tanto orais como escritas e tanto populares como cultas.

 

 

·  Milagres marianos divulgados por todo o occidente por medio de obras escritas en latín.Abundan os milagres relativos ós santuarios franceses.

·  Milagres marianos relacionados cos santuarios peninsulares.

·  Milagres marianos presuntamente sucedidos ó propio rei ou a membros do seu entorno.

 

 


·  De índole política:

·  Buscaba prestixiar a Corte castelá como cetro cultural.

·  Soster a súa candidatura para emperador do Sacro Imperio (fracasada).

·  Reforzar a idioloxía e o modelo social feudal-cristián na Peninsula fronte mouros e xudeus.

·  Para restarlle influencia á cidade de Compostela ó desviar potenciais de peregrinos cara ós santuarios marianos.

·  De índole relixiosa:

·  Sinálase a devoción sincera do rei cara á figura da Virxe.

·  O afán de contribuír con esta obra ó auxe do culto mariano.

 

A tradición manuscrita:

 

As Cantigas de Santa María, elaboradas entre 1257 e 1283, chegaron a nós por medio de catro códices diferentes. A condición rexia do seu promotor explica o luxo dos códices, a súa complexidade artística e a amplitude da colección. Eses catro códices representan os diversos estadios na composición da obra: unha primeira recompilación de cen cantigas; unha ampliación da colección ata duplicala; e un intento de chegar a cincocentas cantigas, interrompido no entanto pola morte do rei e a conseguinte desfeita do seu scriptorium.

 


·  Códice de Toledo (To) : Representa unha primeira redacción da obra. Contén cantigas con notación musical mais sen miniaturas.

·  Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): Contén cantigas sen notación musical pero con ilustracións acabadas, inacabadas ou só enmarcadas. Parece ser unha continuación do códice T.

·  Códice T da Biblioteca do Escorial: Tamén coñecido como “Códice rico” contén cantigas con notación musical, miniaturas e prosificacións castelás das primeiras cantigas.

·  Códice E da Biblioteca do Escorial: Tamén chamado “Códice dos Músicos” contén cantigas con notación musical e miniaturas.

 

A prosa medieval:

 

A prosa literaria galego-portuguesa é máis escasa e menos orixinal ca lírica. Os primeiros textos foron versións de textos bíblicos e documentos de tipo notarial.

A prosa propiamente literaria aparecería máis tarde.

A imposición do castelán puxo fin, entre outros moitos, a este emprego do galego.

 

 

 

 

 

 

 

·  Prosa tabeliónica: Escritos de índole diversa elaborados con fins utilitarios:

·  Ordenamentos xurídicos

·  Escritos notariais

·  Regulamentos de confrarías e gremios

·  Manuais ou tratados para aprender oficios ou actividades

·  Libros de contas

·  Prosa haxiográfica ou xacobea: Textos centrados na vida, obra e milagres de apóstolos, santos ou personaxes relacionados co mundo do catolicismo e co fenómeno xacobeo.

·  Prosa historiográfica: Destacan os Livros de Linhagens (catro catálogos de xenealoxías nobiliarias). Foron elaborados para evitar os casamentos consanguíneos e para coñecer mellor os dereitos patrimoniais e de herdanza, inclúen algúns fragmentos narrativos de temática artúrica, épica, histórica e mítica. Tamén as traducións galegas de dúas obras: General Estoria (que aspiraba a ser unha historia universal) e Crónica Geral ( que pretendía recoller a historia peninsular ibérica). Trátase dunha prosa de finalidade propagandística e lexitimadora, que adoita intercalar elementos bíblicos e fantásticos.

·  Prosa propiamente literaria: Agrúpase por ciclos temáticos:

·  Ciclo bretón ou artúrico: Desenvolven en clave cabaleiresca e cristiá as lendas de orixe probablemente céltica relacionadas coa figura do rei Artur e o seu medio.

·  Ciclo clásico ou troiano: Corresponden a este ciclo temático a Crónica Troiana e a incompleta e bilingüe Historia Troiana. Ofracen unha visión fantasiosa do mundo clásico (viaxes de Ulises, guerra de Troia, amores de Paris e Helena...)

·  Ciclo carolinxio: Conservamos fragmentos dunha obra coñecida como Pseudo-Turpin incluídos nos Miragres de Santiago, que relatan aspectos da historia lendaria do emperador Carlomagno.

 

 

Entradas relacionadas: