Cantigas de amor

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,1 KB


Cantigas de amor:


A voz poética é masculina.Presenta características propias do Amor Cortés. A amada está idealizada (sempre é unha

Dona perfecta física e moralmente). O amor é

Unamor-vasalaxe e amor-servizo. Pode haber referencias

A prendas ou “doas” como sinal amoroso


O poeta debe respectar a “mesura”, non dando datos

Que identifiquen a amada. Polo xeral é un amor

Adúltero, polo que o trobador substitúe o nome da

Amada por un ficticio (senhal)


Os elementos temáticos máis comúns son a “coita de

Amor” (que pode conducir á “morte por amor”,


-Amada-inimiga) e a loanza da “Senhor”. O proceso

Amoroso vívese como ascese purificadora


O amor cortés

É un xeito de entender o amor que naceu a partir do séc. XI na Occitania


As súas características son as seguintes:



- O namorado subordínase á súa dama (en analoxía coa

Vasalaxe, aínda que en ocasións esta vasalaxe era certa ao

Pertencer o namorado a un estamento ou posición social inferior ao da dama)



- A amada reune tódolos atributos da perfección e sitúase

Distante do namorado, chegando a (nunha linguaxe máis moderna) ‘pasar del’



- En analoxía coa imaxinería relixiosa, o amor é un estado

Que ennobrece a quen o practica


coa estratificación social do feudalismo e manifestase en graos: Fenhedor (Suspirante) Precador (Suplicante) Entendedor (Aceptado pola Senhor) Drut/Drudo (Amante)O fenhedor
: nivel máis baixo da escala. Representa a un

Simple suspirante polo amor dunha amada, ante a que se

Considera indigno, polo que non se decide a expresarlle os seus sentimentos


O supricante: nivel inmediatamente superior ao anterior


O namorado comunícalle os seus sentimentos á súa namorada


O entendedor: representa ao amigo namorado, correspondido ou non


Drut (ou drudo): un estado dificilmente alcanzábel na

Nosa literatura, pois era o do amante correspondido. Só

Aparece nas cantigas provenzais; nas galegoportuguesas só

Encontramos este estadio nas cantigas de escarnho e maldizer


Características formais

Adoitan ser cantigas de mestría (sen refrán): tres “cobras”

(estrofas) de sete “palavras” (versos) cada unha


As cobras poden ser:


Unisonantes

Singulares

Duplas ou dobras

Alternas



Entradas relacionadas: