Axentes Xeolóxicos: Internos e Externos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,78 KB

Axentes Xeolóxicos Externos

Os axentes xeolóxicos externos son os responsables dos cambios na superficie terrestre. Divídense en:

  • Pasivos: Producen a desagregación da rocha, pero non mobilizan os fragmentos. Inclúen axentes atmosféricos como a humidade e o osíxeno.
  • Activos: Rompen a rocha e mobilizan os fragmentos. Son a auga, o vento e os seres vivos.

Procesos Xeolóxicos Externos

Os principais procesos son:

  • Meteorización: Destrución das rochas dos continentes pola acción da atmosfera. Pode ser:
    • Física: Rotura das rochas sen modificar a súa composición química.
    • Química: Alteración das rochas debido a reaccións químicas entre gases e minerais.
  • Erosión: Desgaste e rotura das rochas pola acción dos axentes xeolóxicos externos. Pode ser mecánica e química.
  • Transporte: Proceso mediante o cal os fragmentos erosionados se transportan ás zonas máis baixas.
  • Sedimentación: Depósito dos fragmentos e dos produtos resultantes da súa alteración en zonas baixas e continentes.

Estrutura da Terra

A Terra pódese dividir en capas segundo a súa composición química (unidades xeoquímicas) ou o seu comportamento mecánico (unidades dinámicas).

Unidades Xeoquímicas

  • Codia: Capa máis externa da Terra.
  • Manto: Capa entre o núcleo e a codia.
  • Núcleo: Capa máis interna da Terra.

Unidades Dinámicas

  • Litosfera: Capa sólida superficial da Terra. É ríxida.
  • Astenosfera: Zona superior do manto, debaixo da litosfera. Presenta correntes convectivas.
  • Mesosfera: Parte do manto superior e todo o manto inferior. Orixina correntes de convección e plumas de magma.
  • Endosfera: Correspóndese ao núcleo. A parte externa é líquida, e a interna, sólida.

Axentes Xeolóxicos Internos

Son as forzas internas do planeta que orixinan a deformación da codia terrestre.

Tectónica de Placas

Produce as cordilleiras e as fosas mariñas nas zonas de contacto das placas. Os movementos das placas poden ser:

  • Cando as placas se separan, ascenden materiais da astenosfera que pasan a ser litosfera oceánica. Estas zonas coñécense como bordos construtivos ou diverxentes e coinciden coas dorsais oceánicas.
  • Cando as placas se achegan e chegan a chocar dous tipos de placas, unha delas, a máis densa (a oceánica) introdúcese baixo a outra. Coñecidas como bordos destrutivos ou converxentes, coinciden coas grandes fosas submarinas ou zonas de subdución. Se chocan dúas placas continentais, os seus bordos defórmanse dando lugar a unha cadeira montañosa (Himalaia, Pireneos).
  • Cando as placas se deslizan lateralmente, nin se crea nin se destrúe litosfera. Coñécense como fallas transformantes e chámanlles bordos pasivos.

Volcáns

Fórmanse cando as fisuras da superficie terrestre alcanzan zonas profundas onde se atopa o magma.

A Deriva Continental de Wegener

Wegener propuxo a teoría da deriva continental, segundo a cal os continentes estiveron unidos nun supercontinente chamado Panxea, que se fragmentou en Laurasia e Gondwana, ata a configuración actual.

Partes dun Volcán

  • Cráter
  • Cheminea principal
  • Cheminea secundaria
  • Cono volcánico
  • Cámara magmática

Entradas relacionadas: