Apuntes filosofia o coñecemento o problema da verdade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,98 KB
O PROBLEMA DA VERDADE: o concepto de verdade acompaña a filosofía dende o principio pero non sempre significou o mesmo, os primeiros filósofos dicían que a verdade era desvelamento (alatheia: verdade de tipo ontolóxico).
-Conceptos de verdade:
·Verdade como correspondencia: cando o que dicimos adáptase ou non, coa realidade dos feitos.
·Verdade como coherencia: basease no principio lóxico de non contradición, é verdade cando segue a lóxica e cando se contradí é falsa.
~Verdade tautolóxica: cando a verdade é lóxica e non aumenta coñecemento.
·Verdade como éxito (teoría práctica da verdade): tomamos como verdade o que nos axuda nun momento para solucionar unha cuestión. Algo é verdadeiro se leva ó éxito, se non, é falso.
~Concepto subxectivo da verdade: depende da circunstancia, do momento e da persoa.
·Verdade como consenso (intersubxectividade): a verdade ten que poder ser comunicada e compartida por todos. A verdade non pode ser un feito privado, se non intersubxectivo.
CRITERIOS E CERTEZA:
-Evidencia: claridade coa que se nos presenta algo a través dos sentidos da experiencia interna e dos primeiros principios lóxicos e matemáticos. Pero o evidente é subxectivo.
-Verificabilidade: Karcoper non está dacordo con isto porque algo é verdade provisionalmente ata que apareza un feito que a contradiga (criterio falsacionista)
·Consenso dos especialistas: ás veces din criterios que poden estar errados. Básanse na autoridade.
·Coherencia: unha nova teoría será máis aceptada cando non contradí as que xa existían. Según o requisito ten que ser aceptada polos científicos.
·Utilidade: aceptamos provisionalmente unha teoría se funciona e nos axuda a vivir.
CARACTERÍSTICAS DAS CIENCIAS:
-Linguaxe rigurosa e formalizada.
-Formaron un conxunto sistemático de enunciados.
-Integrar diferentes tipos de leis, teorías e modelos.
-Usar unha metodoloxía adecuada.
-Posuír coherencia interna e (nas ciencias empírica) contrastabilidade empírica.
-Posuír obxectividade e comunicabilidade.
-Ser revisable e modificable.
O MÉTODO INDUTIVO: etapas:
-Observar e rexistrar todos os feitos, dun modo obxectivo e libre de prexuizos. As observacións débense repartir nunha ampla variedade de condicións.
-Comparar e clasificar os feitos para poder facer xeneralizacións que se refiren ás relacións causais entre os feitos. As xeneralizacións son consideradas como leis.
-Deducir consecuencias das leis así obtidas
-Obxeccións:
·Toda observación depende dunha teoría: non existen os feitos puros.