Análise da Guerra Civil Española e o seu Impacto
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 16,91 KB
O estalido da guerra civil
O 17 de xullo de 1936, o coronel Yagüe alzouse en Melilla contra a República. O alzamento estendeuse ao resto do protectorado marroquí e, entre o 18 e 19, a maioría das gornicións militares de España, xunto a falanxistas e carlistas, uníronse ao golpe de Estado. O 18, o xeneral, tras asegurar a sublevación en Canarias, diríxese á fronte do exército de África á península. En dous días, os sublevados xa se fixeran fortes en Pamplona, Sevilla, Castela a Vella e parte de Aragón.
O cambio de goberno e a resistencia
O 19 de xullo, Casares Quiroga foi sustituído por José Giral, que decidiu entregar armas ás milicias dos sindicatos e dos partidos do Frente Popular. Ademais, parte do exército mantívose fiel ao goberno e puido sufocar o levantamento en boa parte de España.
A sublevación e os bandos en conflito
A sublevación triunfou en toda a España interior, en Galicia, na Andalucía do Guadalquivir e nas zonas agrarias de gran propiedade ou pequenos propietarios moi conservadores. Por outro lado, o alzamento fracasou onde as forzas obreiras de esquerdas tiñan maior peso: as zonas industriais do País Vasco, Madrid ou Cataluña, así como parte de Castela, Estremadura e Andalucía. Os sublevados previran que o levantamento tiña que ser unha operación rápida, pero, de alí a unha semana, a evidencia de que o golpe militar non daba triunfado orixinou a división do país en dous bandos que se enfrontarían nunha guerra civil.
O bando sublevado
O bando dos sublevados estaba formado por militares conservadores, monárquicos de dereitas, grupos católicos, falanxistas, tradicionalistas e todos aqueles que se opuxeran ás reformas da República. Apoiábanse e inspirábanse no fascismo e definíanse como “nacionais” e católicos. Entre os sublevados non había unanimidade sobre as accións a emprender logo do triunfo do golpe de Estado.
O bando leal á República
Os leais á República eran as clases populares. A maioría dos membros estaban afiliados a organizacións socialistas, comunistas e anarcosindicalistas e eran definidos pola dereita como roxos. Estaban tamén as clases medias e os sectores da burguesía ilustrada, así como un gran grupo de intelectuais e artistas. Eles defendían a lexitimidade republicana e encarnaban o conxunto de forzas sociais, políticas e sindicais que apoiaran ás reformas republicanas do benio de esquerdas e ao Frente Popular. Representaban intereses diversos e agrupaban sectores da pequenoburguesía e grupos revolucionarios socialistas e anarquistas.
A repercusión internacional da guerra
A Guerra Civil española tivo unha gran repercusión internacional. Foi vista como unha confrontación entre forzas democráticas (socialistas ou comunistas) e os réximes fascistas (Alemaña e Italia). Críase que se estaba a producir o conflicto armado que moitos temían a escala mundial. A Guerra Civil foi máis ben o enfrontamento armado entre os vellos grupos dominantes da Restauración, cuxo instrumento foi o exército, e grupos emerxentes obreiros e burgueses que querían establecer un sistema democrático, así como unha orde social progresista.
A división da opinión pública
A “guerra de España” resultou un acontecemento que dividiu a gobernantes, medios de comunicación, opinión pública e intelectuais do mundo enteiro. A opinión democrática progresista mundial, como a URSS, estivo a favor da República. Pola contra, as forzas conservadoras (Francia e Inglaterra) e máis os gobernos fascistas (Italia e Alemaña), así como o réxime filofascista portugués e o papado, viñan no alzamento de Franco un freo á expansión do comunismo e pronúncianselle a favor de él.
A axuda internacional
Os sublevados enviaron axentes aos países fascistas co fin de pedirlles axuda militar. O goberno da República pediulle colaboración aos gobernantes das democracias (Francia, Gran Bretaña e EUA), que foron extremadamente prudentes por temor a que o conflicto se espallase por Europa. O goberno de Largo Caballero decidiu enviar á Unión Soviética, en outubro de 1936, as reservas de ouro do pagamento das armas mercadas. Os conselleiros militares e políticos desempeñaron un papel destacado, exercendo grande influencia a través do Partido Comunista.
As brigadas internacionais
As brigadas internacionais prestáronlle axuda en tropas á República, con máis de 60.000 brigadistas que tiveron unha importante función de defensa en Madrid. Entre os brigadistas había voluntarios procedentes de Europa e América, a maioría de ideoloxía progresista. Os sublevados foron os máis favorecidos polo apoio estranxeiro. As axudas alemá e italiana foron as máis importantes, tanto numérica como tácticamente. Alemaña enviou a súa aviación, a Lexión Cóndor, e cobrou a axuda coa entrega de minerais e produtos estratéxicos. O apoio italiano consistiu no envío do Corpo Truppe Volontarie e axuda en armamento. Combatiron tamén continxentes de voluntarios portugueses, irlandeses afíns ao fascismo ou católico-conservadores.
A zona republicana: a revolución contida
Para atallar a sublevación, o goberno repúblicano de José Giral tivo que organizar unha forza militar. Para iso, entregou armas ás milicias dos partidos e sindicatos, disolveu o exército tradicional e os corpos policiais, e creou batallóns de voluntarios. Como consecuencia, no territorio republicano emerxeu unha estrutura de poder popular ao redor de partidos e sindicatos de esquerda, sendo a única forza armada capaz de defender a legalidade republicana.
A evolución do poder
No verán e outono de 1936, o poder sufriu un afundimento case total e foi sustituído por organismos revolucionarios. Xurdiron consellos, comités e xuntas que organizaban os voluntarios para a fronte, da orde pública, da economía... Nalgunhas zonas, os comités unificáronse para formar consellos rexionais, organismos onde se reunían as forzas do Frente Popular con predominio dos sindicatos e dos partidos obreiros. Foi importante a creación, por iniciativa da CNT-FAI, do Comité Central de Milicias Antifascistas, que chegaría a un entendemento cos partidos políticos cataláns e reconstruiríase o poder da Generalitat cun goberno presidido por Lluís Companys e con presenza de sindicatos e partidos obreiros.
O clima revolucionario
No territorio fiel á República, o alzamento militar provocou a extensión dun clima revolucionario. A poboación que se enfrontou aos sublevados en defensa da República estaba vinculada á esquerda revolucionaria. Estes veranse lexitimados para impulsar cambios sociais unha vez sufocada a rebelión. O elemento máis significativo da revolución social foi a colectivización da propiedade industrial e agraria. Os empresarios fuxiron ao estalar a guerra, foron detidos ou asasinados, e os traballadores puxéronse ao fronte das empresas. Outras veces, os traballadores comunicábanlles aos donos que as haberían de explotar a partir dun réxime de autoxestión. Entre finais de xullo e primeiros de outubro, unha serie de decretos déronlles cobertura legal ás incautacións de industrias e terras efectuadas polos organismos populares, dándose no campo expropiacións de predios e a súa ocupación masiva.
A resposta popular
Nos primeiros meses da guerra desencadeouse na zona republicana unha resposta popular contra os sublevados. A Igrexa, a burguesía, os propietarios e as clases acomodadas foron perseguidas, asesinadas, detidas ilegalmente, saqueadas ou requisáronselles os bens; tamén se incendiaron numerosas igrexas. Estes perseguidos, os cales apoiaban a Franco, fuxiron ao estranxeiro ou pasaron á zona sublevada. As experiencias de autoxestión, a autonomía de milicianos nas frontes de guerra e a imposición do terror revolucionario estiveron impulsadas polo sector máis radical do anarcosindicalismo e do POUM.
A unidade antifascista
A finais do verán de 1936, as forzas republicanas eran conscientes da necesidade de pactar a unidade antifascista e a formación dun goberno que unira esforzos para gañar a guerra. O 5 de setembro de 1936, Largo Caballero constituiu un novo goberno formado por republicanos, socialistas e comunistas. Entraron no gabinete 4 ministros anarcosindicalistas. O proxecto de Largo Caballero era recompoñer o poder do Estado, eliminando as xuntas e comités, pero recoñecendo os Consellos Rexionais e creando o Exército Popular.
Os fracasos militares e a crise do goberno
Unha serie de fracasos militares abriron o enfrontamento entre as forzas republicanas sobre como afrontar o proceso revolucionario e a guerra. O sector formado por republicanos, comunistas e parte dos socialistas era partidario de controlar as experiencias colectivizadoras, reforzar os vínculos coas clases medias e construir un Estado forte, concentrado no esforzo bélico. O outro sector, formado por anarquistas e comunistas do POUM, insistía en afianzar as transformacións revolucionarias para conseguir unha mobilización popular contra o fascismo, afondando na obra colectivizadora e resistíndose a integrar as súas milicias.
A debilitación do goberno de Largo Caballero
A debilitación do goberno de Largo Caballero comezou en maio de 1937 en Barcelona cos Feitos de Maio, onde se produciu un enfrontamento entre militantes da CNT e do POUM contra os do PSUC, ERG e da UGT.
O fortalecemento comunista
Os feitos de maio fortaleceron as posicións comunistas, que tiñan xa unha grande influencia na axuda que a Unión Soviética lle prestaba á República. Os comunistas españois esixiron a disolución do POUM e a detención dos seus líderes. Largo Caballero negouse, pero o partido socialista atopou un acordo cos comunistas. Largo Caballero dimitiu e Manuel Azaña nomeou xefe do goberno a Negrín. O POUM foi declarado ilegal e Andreu Nin, máximo dirixente, asasinado por axentes da policía soviética. Indalecio Prieto asumiu o Ministerio da Guerra e baseou a súa política na prioridade do esforzo militar. Para iso, reforzouse o poder central, unificouse a dirección da guerra, integráronse as milicias no Exército Popular e controlouse a produción industrial e agraria, poñendo os recursos industriais ao servizo da guerra. A sede do goberno trasladouse a Barcelona, onde se refuxiará tamén o goberno vasco para controlar os recursos militares dunha das zonas máis importantes do goberno republicano, provocando o recorte das competencias da Generalitat.
A busca de saída negociada
Debido á dificultade para frear o avance das tropas franquistas, o goberno intentou buscar unha saída negociada á guerra. Negrín propuxo o programa dos Trece Puntos, que propuña o cese da loita armada, a permanencia da República e a apertura dun proceso de eleccións democráticas. O bando franquista non aceptou e fixo saber que só aceptaría unha rendición sen condicións. En setembro de 1938, a República sufriu un gran revés co asinamento do Pacto de Múnic, polo que Francia e Gran Bretaña se rendían ao expansionismo nazi. Negrín, coa axuda dos comunistas, insistirá na resistencia militar coa esperanza de que o inicio do conflicto en Europa alixeirase a presenza alemá e italiana en España.
O exilio e a caída da República
A perda de Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 significou o exilio para os gobernos da República, de Cataluña e do País Vasco. A finais de febreiro, Gran Bretaña e Francia recoñeceron o goberno de Franco e Manuel Azaña dimitiu.
A zona sublevada: a creación dun Estado totalitario
A morte en Lisboa do xeneral Sanjurjo en 1936 e o feito de que a insurrección non triunfase deu orixe a unha guerra. O 24 de xullo creouse a Junta de Defensa Nacional, integrada por militares e presidida por Miguel Cabanellas. A misión da Junta era gobernar o territorio e as súas primeiras medidas foron prohibir a actividade dos partidos políticos, suspender a Constitución e a paralización da reforma agraria.
O liderado de Franco
Para dirixir a guerra, gañou adeptos o xeneral Francisco Franco, cuxo liderado impuxo tras liberar o Alcázar de Toledo e conseguir que Hitler e Mussolini o recoñecesen como único interlocutor para negociar o seu apoio. O 1 de outubro do ano 1936, publicouse o decreto que nomeaba o Xefe do Goberno do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos. Existía un mando militar único e incontestado, pero ningunha cohesión política. Os sublevados prohibiron os partidos políticos que formaban parte do Frente Popular e todos os sindicatos de clase. Actuaban como grupos políticos a Falange Española e de las JONS e a Comunión Tradicionalista.
A institucionalización do Estado franquista
Inspirándose no modelo de Estado fascista italiano e alemán de partido único, con xefe con plenos poderes, Franco deu a coñecer o Decreto de Unificación, que creaba a Falange Española Tradicionalista e de las JONS, onde Franco sería xefe deste partido único, concentrando outro poder máis.
A violencia e a represión
O proceso de institucionalización do novo Estado franquista culminou coa desaparición da Junta Técnica e a formación do primeiro goberno de Francisco Franco, onde se concentraba a xefatura de Estado e a presidencia do goberno, e pasou a ser chamado caudillo de España. O novo Estado inspirarase no fascismo e defendía o conservadorismo e a preeminencia do catolicismo.
O Fuero del Trabajo
En marzo de 1938, apróbase o Fuero del Trabajo, inspirado no fascismo italiano, cun único sindicato que agrupaba a empresarios e traballadores e prohibía as folgas e reivindicacións obreiras. O novo Estado era confesional e derrogou as leis do matrimonio civil e do divorcio, estableceu o culto relixioso no ensino e no exército e instituiu unha retribución estatal ao clero. A construción do Estado franquista foi acompañada dunha violencia extrema que implicou a aniquilación dos vencidos nos territorios que se ocupaban. Moitas persoas foron asesinadas polo que significaban como símbolos da República.
A represión sistemática
A represión tivo sempre un carácter sistemático, planificado e foi exercida polo exército, a Falange e as autoridades políticas co fin de impoñer un clima de terror que impedise a contestación do outro bando. Cando a sublevación se converteu en guerra civil, atravesou por unha serie de etapas.
Os avances sublevados
En xullo de 1936, as tropas africanas, lexionarios e regulares, ao mando do coronel Yagüe, avanzan cara a Madrid. En setembro, Franco (xefe do exército do Sur) ocupa Toledo e, máis tarde, Madrid. En novembro, o goberno republicano trasladase a Valencia, pero en Madrid resistiu grazas ás Brigadas Internacionais, carros de combate rusos e a columna de anarcosindicalistas de Barcelona. A resistencia de Madrid (novembro-decembro do 36) termina coa 'fase de columnas'.
As batallas decisivas
Os sublevados emprenden dúas maniobras para illar Madrid: a primeira coa batalla do Jarama (febreiro do 37), onde os sublevados cruzan o río, pero foron detidos polos republicanos. Na batalla de Guadalajara (marzo do 37), as tropas fascistas italianas, aliadas de Franco, sofren unha espectacular derrota a mans do Exército Popular da República.
A concentración de forzas
As dificultades de tomar Madrid fan que Franco se concentre na zona norte de España, exceptuando as zonas republicanas (Asturias, Cantabria e o País Vasco). Os sublevados, ao mando do xeneral Mola, desencadean, xunto aos nazis, o primeiro bombardeo aéreo na historia da poboación civil española. Pablo Picasso ilustra este momento co seu famoso cadro do Guernica. Os republicanos, mentres, atacan Brunete (Madrid) e Belchite (Zaragoza), pero non poden impedir a entrada de Franco en Santander e, máis tarde, en Asturias. Os republicanos reforman o exército e realizan diversas ofensivas, unhas das máis importantes en Teruel. O exército republicano reorganizou Cataluña e organizou un ataque feroz sobre o río Ebro (xullo do 38). Franco enviou reforzos, incluída a aviación italiana, e detivo o ataque das tropas republicanas, quedando estas moi minguadas coa entrada de Franco en Barcelona. Numerosos exiliados refúxianse en Francia, así como o goberno republicano... só quedaba a zona centro como territorio republicano e, a comezos de marzo do 39, prodúcese unha sublevación contra o goberno republicano, dirixido polo coronel Segismundo Casares. Este entra en contacto co servizo de espionaxe franquista para negociar a entrega de Madrid a Franco, pero os comunistas e Negrín subleváronse. Cando son derrotados, os comunistas, Franco acepta a rendición de Casal sen condicións e coa entrega das armas. O 28 de marzo, Franco entra en Madrid; posteriormente, outras zonas do Mediterráneo, como Albacete, Alicante e Valencia, serán tomadas, finalizando a guerra o 1 de abril de 1939 coa toma de Burgos.