Agricultura, Pesca, Enerxía e Turismo en España

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 81,59 KB

Dibujo

Continental ou de Interior:

No interior peninsular, en Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura. Predominan a agricultura de secaño (produce cereal, vide e oliveira, nas terras de regadio cultivanse produtos de horta) e a ganderia ovina (explotase en rexime de semiestabulado). Nas zonas montañosas dos vales crianse gando bovino e porcino. Non hai poboamento espallado, agas en zonas do interior de Andalucia.

Agraria Atlantica:

No Norte da Peninsula. Predomina a gandaria bovina, criada de forma extensiva ou semiextensiva. O bosque caducifolio foi sustituido polo eucalito ou o piñeiro para fabricar celulosa. A agricultura cultiva millo, pataca, maceira e produtos hortofrutícolas. Poboacion espallada en casas de campo, pequenas aldeas ou casarios porque a auga é abundante e o gando necesita coidados todo o dia. As casas adaptanse á escaseza de sol e abrense grandes ventas. Os tellados son inclinados para protexelas da chuvia.

Agraria Mediterranea:

Na Rexion de Murcia e no Sur Leste de Andalucia. Agricultura-> Cultivo de froitas, hortalizas e flores. A incorporacion á UE fixo incrementar estes produtos, conseguindo asi a ampliacion das zonas de regadio en toda a Península. Gandaria-> porcina e avícola, é intensiva, críase en granxas. O habitat é espallado, as vivendas estan preto dos cultivos que requiren un traballo intensivo. A casa tradicional ten poucas aberturas para protexerse do sol, ten tellados planos. O mundo rural transformouse en moitas casas tradicionais que agora teñen un uso turistico.

Agraria das Illas Canarias:

O relevo accidentado e a escaseza de auga dificultan os cultivos. Cando dispoñen de auga aparecen terras fertiles e colleitanse hortalizas e plantacions de platanos e froitos tropicais. Tamen salienta o producto do tabaco. A maior concentracion urbana dase nas illas de Gran Canaria e Tenerife, ainda que o mais numeroso e o poboamento rural. As pequenas vilas tradicionais mesturanse cos campos de cultivo e cas paisaxes naturais do lugar, tanto espallada como concentradamente.

Pesca en España:

É unha potencia pesqueira mundial porque ten moito valor comercial, flota de barcos numerosa e competitiva, sector pesqueiro con gran capacidade empresarial con man de obra cualificada. Gera actividades como: Estaleiros, industrias conserveiras, comercializacion...

Expansion:

Antes coa Lei de Renovacion e Proteccion da Flota Pesqueira, modernizou a flota, ampliou os caladoiros e multiplicou as suas capturas. Pero agora a pesca enfrontase a unha crise que se lle atribue o esgotamento das especies e as dificultades nas áreas de pesca de altura, obrigando asi a votar man da acuicultura.

Inconvintes de unirse a Europa:

Capacidade de captura excesiva en relacion cos recursos dispoñibles, competicion entre países, ter que mercar barcos mais pequenos cas axudas economicas concedidas, perdendo capacidade pesqueira, dificiles negociacions cos terceiros paises polo esgotamento dos caladoiros.

Onde e que se pesca en España:

Augas europeas do océano Atlantico Norte: Pescada e arenque.//Costas de Terranova: Bacallau.// Nas costas Galega e Cantabrica: Atún, sardiña e anchoa.//Golfo de Cadiz: Gamba, langostinos, ameixas e luras.// Illas Canarias: Bacallau, pescadiña, raia, pescada e gamba.

Rexions pesqueiras españolas:

Rexion Noroeste(porto principal: Vigo), Rexion Cantabrica(portos principais: Pasaia, Ondarroa, Bermeo, Donostia-San Sebastian e Xixón), Rexion Mediterranea(portos pesqueiros pouco activos), Rexion Canaria(portos principais: das Palmas e Arrecife), Rexion Sudatlantica(portos principais: Cadiz, Huelva e Alxeciras).

SECTOR SECUNDARIO:

Enerxia e Minaria en España: Fontes de Enerxia: Carbon(xera electricidade queimandose nas centrais termicas), Enerxia nuclear(obtense nas centrais nucleares, explotacion moi polemica e eliminacion dos residuos complicada) Enerxia Hidraulica(producida en centrais hidroelectricas situadas xunto aos rios cun caudal importante coma o Douro, o Texo..) Enerxias alternativas(como a solar, aproveita o grao de insolacion no noso pais, ou as centrais eolicas, aproveita a forza do vento cos muiños instalados nos parques eólicos) Retos da enerxia en España: Potenciar as renovables, compensar a balanza enerxetica(negativa), cumplir compromisos internacionais(Kyoto), concienciar á poboacion(aforro, consumo responsable)


Minaría: España convirteuse no país europeo que mais mineral exportaba grazas ao non contar cunha demanda industrial, esgotandose asi os mellores depósitos. Temos que importar minerais doutros paises pola demanda da industria, pero en España extraese: carbón, mercurio, cobre, chumbo, ferro, cinc, estaño, volframio, sales potásicas e xofre. Cobraron importancia as rochas industriais: granito, mármore, lousa...

Actividades Industriais:

A España costoulle moito desenvolverse industrialmente debido á falta de recursos enerxeticos, de materias primas, de tecnoloxia propia..

Principais sectores industriais:

Industria siderurxica(Asturias e País Vasco), Metalurxia de transformacion, fabrica maquinarias(Barcelona, Madrid e País Vasco), Industria Naval, construcion e reparacion de barcos(Ferrol, Cadiz, Bolbao, Cartaxena), Sector Químico, industrias petroquimicas, plasticos, pinturas..(Madrid, Cataluña, Pais Vasco e Andalucia), Alimentacion(Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucia, Rexion de Murcia, A Rioxa e Navarra), Industrias de alta tecnoloxia, situadas en parques tecnoloxicos,coma o de Tres Cantos(Madrid), El Vallés(Varcelona),Zamudio(Biscaia), Outros sectores: Sector textil(Cataluña e Comunidade Valenciana), do coiro e calzado(Comunidade Valenciana e Illas Baleares), do papel e artes gráficas(Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana e País Vasco).

Localizacion da Industria Española:

concentrase en catro grandes areas(Cataluña, Madrid, País Vasco e Comunidade Valenciana) e diversos nucleos industriais(Zaragoza, Xixon, Sevilla, Vigo, Valladolid...).Chegaron a formar eixes industriais que os unen entre si, salientando o eixe do Ebro(Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa, Pais Vasco) e o eixe Mediterraneo(Murcia, Comunidade Valenciana, Cataluña).

SECTOR 3º OU DE SERVIZOS:

Comercio, transporte e comunicacions en España: Comercio: Balanza comercial: É negativa porque os productos que mercamos a outros paises valen mais ca os que nos vendemos.// Balanza de pagamentos: É positiva grazas ós ingresos do turismo, aos investimentos estranxeiros, aos movementos de capitais... Transporte: Marítimo: Para o comercio exterior e o trafico de pasaxeiros entre a Peninsula e Baleares, Canarias Ceuta e Melilla.// Aéreo: Gran desenvolvemento en España. Comunicacions: Rede de estradas: Conectan as zonas de maior actividade economica entre si para aumentar a rapidez e reducir o tempo de desplazamento. Inconvintes: Densidade moi elevada, contaminacion, accidentes.// Rede radial: Estradas que rodean a Comunidade de Madrid radialmente.// Rede de Ferrocarrís: Pretendese mellorar o transporte por ferrocarril e competir co transporte aereo e por estrada. Estanse costruindo as AVE, liñas de alta velocidade, que comunican diferentes zonas do pais, que no futuro conectaran España cos paises da UE.

Turismo Español:

Turismo exterior que visita a España: Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, EE.UU, Portugal. Os destinos preferidos son: Cataluña, Andalucia, Canarias e a Comunidade Valenciana.// Turismo Interior: Consiste na mobilidade da poboacion do propio país, actualmente practicanse os deportes de aventura, esquí, golf, turismo rural, cultural... Estas actividades implican desprazamentos veneficiando ó transporte e á hostalaria.

Paisaxe do Litoral Mediterraneo:

É moi visitada pola sua beleza natural, o clima favorable, o sol e o mar. Puxeronse en practica as vacacións pagas como un dereito laboral. A paisaxe do litoral mediterraneo convertiuse no centro do turismo de masas.

Establecementos hoteleiros:

Andalucia mediterránea, Illas Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana, Rexion de Murcia. Zonas turisticas: Cataluña, privilexiada polas suas praias, salientan Costa Brava e Costa Dourada. Ó estar preto da fronteira facilita a entrada de turistas. Oferta de aloxamentos turisticos moi ampla; Comunidade Valenciana: Salientan a Costa do Azahar e Costa Blanca. Esta é unha das mais densamente poboadas e ten dous importantes centros turisticos: Benidorm e Alacant. Ten tradicion para o turismo nacional; Rexion de Murcia: Salienta a Costa do Sol, polas praias e o clima. Moita afluencia turistica. Ten moitos hoteis, portos deportivos, campos de golf...; Illas Baleares: É unha das principais rexions turisticas de España polos hoteis e o numero de turistas, a maioria son estranxeiros, tamen abunda o turismo nacional. As illas mais visitadas son Mallorca e Eivisa.

Comercio:

Compra e venda de mercadorias co fin de satisfacer as necesidades da poboacion/ Balanza comercial: Positiva: O valor das importacions e inferior ao valor das exportacions./ Negativa: O valor das importacions supera ao valor das exportacions.// Balanza de pagamentos: Excedentaria: os ingresos superan os gastos./ Deficitaria: Os gastos superan os ingresos.// Funcions do transporte: Desprazamento cotia, desprazamento a lugares moi afastados, distrubucion de bens e servizos.

Entradas relacionadas: