Adaptacións Curriculares en Educación Especial

Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,08 KB

Tipos de Adaptacións Curriculares segundo a súa Adecuación

A) Adaptacións nos elementos de acceso ao currículo

Algúns alumnos presentan dificultades de aprendizaxe por problemas de acceso ás experiencias de ensinanza e aprendizaxe. Estes problemas responden ás necesidades específicas dun grupo limitado de alumnos con dificultades físicas, materiais ou de comunicación, que requiren adaptacións en:

  1. Elementos materiais e a súa organización: Os alumnos con NEE (Necesidades Educativas Especiais) moitas veces necesitan condicións físico-ambientais, recursos didácticos e mobiliario específicos que compensen as súas dificultades.
  2. Adaptacións de comunicación: Uso dunha linguaxe alternativa ou complementaria que facilite a comunicación fluída.

B) Adaptacións nos elementos básicos do currículo

Consisten en axustes nos elementos centrais da acción educativa: qué, cómo, cándo ensinar e avaliar (obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades e avaliación).

  1. Adaptacións na avaliación: É fundamental adaptar os procedementos e instrumentos de avaliación, especialmente no caso de alumnos con graves problemas de comunicación.
  2. Adaptacións no cómo ensinar: Os alumnos con NEE necesitan estratexias metodolóxicas que faciliten o acceso aos mesmos obxectivos e contidos que os seus compañeiros. Isto pode incluír actividades con diferentes graos de dificultade, técnicas de grupo cooperativo, dramatización, modelado, etc.
  3. Adaptacións no qué e cándo ensinar: Obxectivos, contidos e momento da súa execución. Dan resposta a necesidades como:
    • Introducir obxectivos e contidos non contemplados na proposta curricular de referencia.
    • Priorizar obxectivos e contidos de áreas que condicionan a aprendizaxe noutras.
    • Temporalizar a aprendizaxe, dando máis tempo para a consecución e tratamento dun obxectivo ou contido.
    • Eliminar obxectivos e contidos que se considere que non poden ser adquiridos por alumnos con NEE.

Niveis de Adaptación Curricular

  • No centro: O equipo docente desenvolve adaptacións para o centro, nun continuo de resposta á diversidade.
  • Na aula: Documento que reflicte a acción educativa para un grupo concreto de alumnos.
  • Individuais: Adaptacións da programación ás características do alumno con necesidades educativas diferentes.

Programación de Aula

A programación é o documento que reflicte a acción educativa para un grupo de alumnos: qué van aprender (obxectivos e contidos), cómo lles van ensinar (metodoloxía), qué actividades se realizarán, qué recursos son necesarios, o proceso de avaliación e a organización das situacións de ensinanza-aprendizaxe.

Elementos para Avaliar a Adaptación Curricular

  • Características dos alumnos: Atención especial aos alumnos con NEE.
  • Características dos mestres: Levar a cabo a autoavaliación.
  • Características físicas dos recursos: Analizar e valorar o contexto físico-ambiental da aula.
  • Características do proxecto curricular de etapa: Analizar se se contemplan as necesidades dos alumnos.

Adaptacións Curriculares Individuais (ACI)

As ACI son axustes ou modificacións nos elementos da proposta educativa para un alumno con NEE, que non poden ser compartidas polos demais. Os seus obxectivos son:

  1. Axustar a resposta educativa tendo como referente o currículo da aula.
  2. Responder ao principio de individualización da ensinanza.

Os responsables da súa elaboración e posta en práctica son os profesionais que interveñen no proceso de ensinanza-aprendizaxe (titor, mestres de apoio, especialistas, mestres de ámbito e psicopedagogos). A ACI debe elaborarse cando se detectan as necesidades educativas especiais do alumno.

Entradas relacionadas: