Gallego gallego
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en español con un tamaño de 1,2 KB
O autor máis destacado é XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN , cunha obra moi
extensa, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun
mundo fantástico.
Nela podemos destacar tres etapas:
-Nova Narrativa Galega: 1961-1971. Predominio da técnica experimental sobre o interese
argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do
existencialismo.
O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade
facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. Na novela Arrabaldo do norte (1964), , vese
que hai unha forte vontade tecnicista.
-Segunda etapa: 1971-1980. Maior riqueza temática e omnipresencia da preocupación
política.
-Terceira etapa: a partir de 1980. Caracterízase por unha volta á fantasía
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi CARLOS CASARES
Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento ferido (1967) e a novela Cambio en tres (1969).